O plan B non lle chega ao Celta en Anoeta e sofre a primeira derrota de 2017

Os celestes, coa mente posta no encontro de Copa co Real Madrid, caen perante a Real Sociedade (1-0).

Celta Erreala fúbol Liga Imaxe RC Celta
photo_camera Imaxe: RC Celta

 O Celta sufriu en Anoeta a súa primeira derrota de 2017. A Erreala impúxose grazas a un gol a balón parado, un tanto que premiou os méritos dun conxunto que tivera o dominio do encontro. Os celestes presentaron un equipo con moitos suplentes, aos que non bastou o traballo realizado e o compromiso sobre o céspede para puntuar en Donostia. Non foi abondo embora xogar un bo partido, nomeadamente xogadores como Pape Cheikh, Pape ou Señé.

Berizzo optou por reservar xogadores para o encontro da cuarta feira en Balaídos contra o Real Madrid. O Celta está vivo nas tres competicións: Liga, Copa e Europa. E iso exixe. Obriga a calibrar o plantel, a reservar ‘tropas’ segundo a batalla. O equipo celeste botou o feche á primeira volta cun balanzo de 8 vitorias, 8 derrotas e 3 empates, o que supón 37 puntos, catro menos que cando o Celta finalizou a primeira volta a tempada pasada. Iso si, nesta están a estas alturas competindo en  tres frontes.

Ficha técnica

Real Sociedad (1): Rulli, Zaldua, Íñigo, Raúl Navas, Yuri, Granero, Canales (Gaztañaga, min.79), Zurutuza, Vela (Xabi Prieto, min.70), Willian José (Oyarzabal, min.62), Juanmi.

Celta (0): Sergio, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Pape (Iago Aspas, min.83), Pablo Hdez., Jozabed (Radoja, min.67), Sisto, Señé (Guidetti, min.73), Rossi.

 Goles: Juanmi, 1-0, min.71.

 Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou Yuri, Juanmi (R.Sociedad); Planas, Rossi (Celta).

Comentarios