Skateboarding

A 'skater' coruñesa Julia Benedetti avanza con paso firme ás semis do Mundial

Este sábado buscará en Roma o pase á gran final do domingo da modalidade de park.
A 'skater' coruñesa Julia Benedetti. (Foto: COE)
photo_camera A 'skater' coruñesa Julia Benedetti. (Foto: COE)

A coruñesa Julia Benedetti asinou esta sexta feira unha brillante actuación nos cuartos de final dos Xogos Mundiais de Skate, na modalidade park, que se disputan estes días en Roma. A 'skater', que na rolda previa lograra a sexta mellor puntuación de entre un total de 49 aspirantes (64.64 no segundo dous dous intentos), mellorou significativamente o seu papel logrando que o xurado lle outorgase un total de 76.61 puntos que lle valeron para meterse de cabeza nas semifinais, mais desta volta como a décima mellor das 16 que pasaron o corte.

A brasileira Raicca Ventura foi esta sexta feira a mellor no parque cunha puntuación de 88.89, seguida moi de perto pola xaponesa Kusaki Hinano, con 88.01, e a vasca Naia Laso, con 85.86 —a mellor na primeira rolda—. Este sábado Benedetti buscará o billete á gran final, á que só accederán as oito mellores 'skaters', a partir das 15.35 horas. E no caso de logralo loitaría o domingo polas medallas (18.15h).

Julia Benedetti, aos seus 19 anos, atesoura xa dúas participacións olímpicas, en Toquio e París, sen lograr entrar en ningunha das finais. Nos últimos Xogos, os deste verán, foi décimo sétima.

Comentarios