Galiza, con 701 euros, mantense como furgón de cola do Estado español canto á contía de pensións. Unha media de 135 euros menos no noso país que a nivel do estado. Os outros territorios coas pensións máis baixas son Murcia (736 euros) e Estremadura (706). No outro extremo sitúanse Euskal Herria e Asturies. A pensión media en País Vasco ronda os 1.100 euros mensuais, entrementres @s asturian@s cobran case 990 euros.
Na Galiza as pensións por xubilación sitúanse en 786,74 euros de media, con 453.390 pensionistas; as de viuvez en 508,19 euros e 185.361 beneficiari@s; entrementres as de incapacidade permanente teñen unha media de 779,5 euros e 69.977 pensionistas.
Os datos proceden do Instituto Nacional de la Seguridad Social. (INSS)