A banca española pediu prestados en abril 263.535 millóns de euros ao Banco Central Europeo

A cantidade é un 15% máis da que as entidades financeiras do Estado español solicitaran ao BCE en marzo
Banco Central Europeo
photo_camera Banco Central Europeo

Os bancos e caixas do Estado español pediron prestados no pasado mes abril 263.535 millóns de euros ao BCE (Banco Central Europeo) e xa supera ás entidades financeiras de Italia coma as principais solicitantes de cartos ao instituto emisor europeo. De feito, a banca española e italiana solicitaron máis diñeiro ao BCE que todo o resto do Eurosistema.

Estes datos saen á luz no día en que a prima de risco española supera os 480 puntos básicos, o que representa o nivel máis alto do diferencial desde o pasado mes de novembro, cando chegou a superar os 500 puntos por mor da incertidume política en Grecia e as dúbidas a respeito do sector financeiro español.

Alén diso, o Tesouro Público español vén de colocar 2.900 millóns de euros en letras a 12 e 18 meses. En concreto, colocou 2.190 millóns en letras a 12 meses a un tipo medio do 2,985% fronte ao 2,623% anterior. Tamén se colocaron 710 millóns de euros en letras a 18 meses e a un interese medio do 3,302% fronte ao 3,110% da subasta final.

Comentarios