A débeda da Galiza é de 7.627 millóns de euros tras aumentar un 10% nestes 12 meses

A nivel estatal, a débeda pública supera os 894.000 millóns de euros. A administración central, e non as comunidades, é a principal responsábel da mesma

A débeda da Galiza atinxiu no segundo trimestre de 2012 os 7.627 millóns de euros, representando xa o 13,3% do PIB do país. Ademáis, esa cifra é a máis alta da serie histórica. Nos últimos 12 meses, a débeda da comunidade aumentou por riba do 10 por cento, segundo os datos feitos públicos nesta sexta polo Banco de España.

Na ratio entre débeda e PIB nos diferentes territorios do estado, Galiza ten a sexta máis elevada, só superada por Catalunya, Valencia, Castela-A Mancha, Illes Balears e Nafarroa.

Administración central, a que máis

Os datos do Banco de España sinalan que a débeda pública española subiu até representar xa o 75,9% do PIB. Supón tres puntos máis que no trimestre anterior. A débeda pública española é xa de máis de 804.000 millóns de euros, dos cales 617 mil millóns corresponden á administración central. Nun ano, a administración central foi responsábel de 8 dos 9,2 puntos en que aumentou a débeda a respecto do PIB neste período.

Comentarios