Os 9 primeiros meses de 2013 deixan uns números máis que satisfactorios para as principais entidades bancarias españolas. Segundo desvela a cadea Ser, entre xaneiro e setembro, os beneficios dos cinco principais bancos do Estado español sumaron case 7.500 millóns de euros, un 88% máis que no mesmo período do exercicio anterior, 2012.
Esta suba prodúcese, ademais, nun contexto de queda na concesión de créditos (neses meses descendeu un 7%). Expertos consultados pola cadea atribúen esa redución do crédito a que familias e empresas deixaron de pedir, cansos de tantos 'non'.
Axuda pública
A factura da axuda pública á banca situase por volta dos 300.000 millóns de euros, excluído o diñeiro que esta debe ao Estado en concepto de créditos fiscais por entenderse tributos de pago fracionado. Ou sexa, o 30% do PIB do Estado español.
Neses 300.000 millóns cuantifícase o Fundo de Adquisición de Activos, os Fundos do rescate europeo, os xuros da débeda pública dos últimos 5 anos vinculados ao respaldo estatal as emisións de débeda privada pola banca...