Seis de cada dez granxas que fechan no Estado son galegas

Nos últimos doce meses tiveron que abandonar a actividade 578 explotacións leiteiras en Galiza.

Explotación leiteira
photo_camera Explotación leiteira

Entre setembro de 2015 e setembro deste ano un total de 984 explotacións leiteiras tiveron que botar o feche. Delas, 578 eran galegas, o que supón o 58%, na práctica, seis de cada dez. Se en setembro de 2015 había no noso país 9.236 granxas, 12 meses despois o número reducírase a 8.658. Durante ese mesmo período, as explotacións no Estado pasaron de 16.605 a 15.621. De dada 10 granxas que hai no Estado, cinco son galegas.

O feche de explotacións leiteiras non foi algo único de Galiza, embora ser o noso territorio o máis afectado. Outras autonomías onde tiveron que abandonar a actividade foi en Castela-León, onde hai agora 108 granxas menos que hai un ano; Asturies, con 108 explotacións menos; ou Cantabria, onde nestes doce meses ficaron sen 90 granxas leiteiras. Así pois, nos catro principais territorios leiteiros, a crise continúa a bater.

Os prezo medio a setembro do presente ano en Galiza foi de 28,2 céntimos o litro, o máis baixo do estado español e ao mesmo nível que estaba un ano antes, setembro de 2015, cando era 28,3 céntimos o litro. A cotización media no estado era hai 12 meses de 30,4 céntimos e en setembro pasado de 29,6 euros. Mantense por riba da galega, mais a fenda reduciuse. Non por aumentar o prezo que se lle paga aos gandeiros galegos mais por reducirse o que se lle paga aos españois

Comentarios