Hai 3.000 megavatios (Mw) eólicos adxudicados en subasta e na procura no estado de lugares acaídos para situar os parques de aeroxeneradores. En decembro de 2019 teñen que estar en funcionamento ou ben os impulsores perderán o aval, que está nos 60.000 euros por megavatio. A coñecido como ‘macrosubasta’ derivou en adxudicacións a media ducia de empresas do negocio eólico, das catro cales teñen presenza en Galiza.
Galiza foi perdendo peso no sector durante estes anos e na actualidade é o terceiro territorio con máis potencia eólica (3.344 Mw), por detrás de Castela-León e Castela-A Mancha e con Andalucía a desputarlle esa terceira praza (ten 3.326 megavatios). Unha parálise na que pesou a fin das primaas a renovábeis, si, mais principalmente decisións políticas do goberno galego propiciaron que o noso país ficase paralizado no eólico mentres outros territorios, como o andaluz, foron aumentando o seu peso e xerando unha economía en torno a este sector.
Forestalia meteu no peto 1.200 dos 3.000 megavatios de potebncia, Gas Natural-Fenosa, 667, Endesa, 540, Brial, 267; Gamesa 206 e Norvento, 128. De todas elas só Endesa fixo público por onde vao apostar: “Aragón, Andalucía, Castela-León e Galiza”. Esta empresa é a terceira con maior peso no eólico galego, tras Iberdrola e Acciona.
Á hora destas firmas apostar por onde instalar os novos parques terán en cionta as respectivas lexislacións autonómicas. Territorios como Aragón, Andalucía ou Castela- A Mancha xa se apresuraron a adaptar as súas normativas para captar os novos parques. O sector agarda que a Xunta dea tamén axiña ese paso.