O Constitucional frea unha lei galega para evitar abusos das eléctricas sobre os usuarios

Luz eléctrica

O Tribunal Constitucional admitiu a trámite o recurso presentado polo goberno español contra 3 artigos da Lei 13/ 2015 da Xunta de Galiza que regulan as concidicións entre as eléctricas e os consumidores. O Estado considera que eses artigos supoñen unha invasión das súas competencias por parte da Xunta, de aí o recurso presentado perante o TC.

Nesa lei da Xunta, de medidas fiscais e administrativas, tratábanse cuestións como a obriga de facturar en base ao consumo real e non en base a cálculos e predicións estimativas, así como os cobros indebidos por substitución de medidores, entre outras cuestións.

As grandes eléctricas (Iberdrola, Endesa e Gs Natural_Fenosa) rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros

Comentarios