O Constitucional tomba normas galegas que evitaban abusos das eléctricas sobre os clientes

Declara “inconstitucionais” e “nulos” preceptos nos que, por exemplo, obrigaba facturar en base a consumos reais.

Luz eléctrica

O Tribunal Constitucional declarou “inconstitucionais e nulos” varios preceptos dunha lei aprobada pola Xunta en 2015 e nos que se regulaba, por exemplo, a obriga das eléctricas de facturar en base ao consumo real e non en base a cálculos e predicións estimativas, así como os cobros indebidos por substitución de medidores, entre outras cuestións.. O goberno español recorreu perante o TC tres dos artigos desa lei por entender que vulneraban as súas competencias. A sentenza, á que tivo acceso Europa Press, bota abaixo esas normas por contravir a normativa estatal básica.

As grandes eléctricas (Iberdrola, Endesa e Gs Natural_Fenosa) rexistraron un beneficio conxunto nos seis primeiros meses de 2016 de perto de 2.900 millóns de euros. No exercicio 2015 os beneficios superaron os 5.000 millóns de euros. 

Comentarios