Unha delegación da Federación Rural Galega (Fruga) manterá esta cuarta feira unha xuntanza de traballo con representantes da Consellaría de Medio Rural na que exporán a situación de diferentes sectores do agro galego. A reunión responde á petición realizada pola Federación o pasado 14 de xullo co gallo do primeiro aniversario das grandes mobilizacións do sector lácteo de 2015.
Segundo informa a Fruga, na xuntanza instará ao departamento da Xunta a dar solucións ás diferentes poroblemáticas e cuestións que hai no rural de Galiza. Enumeran a situación da próxima vendima e os contratos homologados (sector vitícola), os problemas causados pola fauna salvaxe e vias para enfrentálos, os incendios no mundo rural, os distintos criterios que ten a administración para levar a cabo as campañas de saneamentos gandeiro, o antecipo de pagamento da PAC 2016 e a representatividade das organizacións agrarias.