Fruga solicita unha reunión coa conselleira para tratar o problema da couza guatemalteca

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de solicitar a través dun escrito presentado no rexistro da Xunta unha reunión coa conselleira de Medio Rural para analizar a crise da couza que afecta a pataca. Fruga argumenta a solicitude na gravidade do asunto e na preocupación que exuste no rural perante o avance desta praga, que xa afecta 31 concellos do noso país.

A organización considera que nesa xuntanza deberían estar presentes representantes do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal, dependente da Subdireción Xeral de Explotacións Agrarias da Consellería de Medio Rural. 

Comentarios