O número total de pensións en Galiza no mes de novembro foi de 756.963, o que supón o 8% do total do Estado. As pensións galegas continúan a ser das máis baixas. En novembro, embora un leve ascenso do 1,9% a respecto do mesmo mes do ano pasado, a cifra media era de 767 euros, a máis baixa despois de Estremadura. A media estatal é de 909 euros mensuais, un 15% máis que a pensión galega. Son 2.000 euros ao ano menos.
A pensión media estatal aumentou en novembro un 2,07%, máis que a galega, que non pasou do 1,9 por cento. A fenda entre ambas as dúas, pois, alárgase.
Esa fenda dase en todas as categorías. En Galiza hai 470.375 pensións por xubilación, que cobran de media 872 euros, o que supón 177 euros menos cada mes. Ao final do ano, con 14 pagas, case 2.500 euros. A prestación por incapacidade permamente (máis de 69.000 en Galiza) é de 827 euros mentres que a media estatal se sitúam nos 931 euros, cen euros de diferenza.