Desde o inicio da crise Galiza perdeu máis de 6.000 empresas

Os datos oficiais cifran en 6.070 as compañías galegas que cesaron a actividade entre 2008 e inicio de 2013. Ademais, 255 empresas con sede social noutros territorios do Estado español mais que tamén operaban en Galiza deixaron de traballar no noso país.

Polígono da Grela
photo_camera Polígono da Grela

En 2008, o ano no que a crise comezaba a ensinar as gadoupas, había 210.199 empresas galegas con actividade en Galiza. A maiores, había 5.408 compañías que, se ben actuaban e tiñan actividade no noso país, a súa sede social estaba alén do Padornelo. En só cinco anos, ate finais de 2012 e comezos de 2013, centos destas empresas volatilizáronse. Desapareceron, cesaron a actividade.

Segundo os propios datos oficiais manexados polo Instituto Galego de Estatística, entre 2008 e 2013 un total de 6.070 empresas tiveron que cesar na súa actividade. Daquelas 210.199 que sinalábamos o principio a 204.049.

E no que atinxe a compañías con sede social fóra de Galiza, mais no Estado español, pasouse de 5.408 en 2008 a 5.153 a comezos do presente exercicio, 255 menos.

Sectores

Este escenario non foi igual en todos os sectores e categorías. Un exemplo é que o número de empresas adicadas a 'fornecemento de gas e enerxía eléctrica' aumentaron nestes cinco anos, o pasar das 403 de 2008 os 451 de 2013.

Mais noutras categorías de actividade, a evolución foi ben distinta: construción, industria, manufactura, transporte, servizos auxiliares,... en todos eles desapareceron empresas e firmas.

Comentarios