Nace en Lugo unha asemblea de desempregad@s para defender os seus dereitos

O aumento de persoas en desemprego fai que abrollen na Galiza estas fórmulas organizativas.

Un grupo de persoas en paro de Lugo decidiu impulsar e crear una asemblea de desempregad@s como fórnula para defender os seus dereitos. Así pois, máis unha plataforma de persoas en desemprego constituíuse na Galiza nuns tempos de crise en que este colectivo (máis de 260.000 na Galiza) non quere ficar á marxe.

Aínda que no traballo de impulso desta asemblea xogou un papel a CIG, non é precisa para formar parte ningunha relación con este ou outros sindicatos. "Esta Asemblea funcionará con carácter aberto á totalidade de persoas desempregadas que queiran traballar nela; isto é, non estará pechada á afiliación da CIG senón que como xa é o caso hai perosas non afiliadas á nosa central sindical que xa participaron na reunión constituinte", manifestan os seus promotores.

Actividades

A asemblea de desempregad@s de Lugo reunirase cada primeira terza de mes no salón de actos da casa sindical sendo a vindeira reunión a vindeira terza 6 de novembro ás 11:00h.

Membros desta Asemblea van facer repartos informativos a terza 30 e cuarta 31 de novembro nas dúas oficinas de emprego da cidade de Lugo co obxecto de ir dando a coñecer entre as persoas de Lugo en situación de desemprego e animándoos a participar nela.

Contacto: [email protected]

Comentarios