BNG insta a Xunta a que impida novos despedimentos en Novagalicia Banco

Francisco Jorquera mantivo unha xuntanza con delegad@s sindicais en NGB. Clodomiro Montero, da CIG-Banca alerta de que hai 6.000 empregos en perigo.
Encontro con delegad@s sindicais de NGB
photo_camera Encontro con delegad@s sindicais de NGB

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, vén de instar ao Goberno galego a que despregue iniciativas políticas para garantir que o resgate da banca española non leve aparellada a destrución de máis postos de traballo en Novagaliciabanco.

Jorquera fixo este emprazamento á Xunta após manter un encontro con delegadas e delegados sindicais de Novaliciabanco e empresas auxiliares e participadas por esta entidade financeira.

Jorquera emprazou tamén ao Goberno español a que esclareza de vez as condicións impostas por Bruxelas ao Estado no rescate. «Estamos ante unha intervención práctica do Estado español, con perda de soberanía», puxo en destaque o tamén portavoz do BNG no Congreso. Jorquera avogou pola convocatoria dun referendo para que a cidadanía poida expresar a súa opinión sobre un tema, o rescate, que lles vai afectar moi directamente.

Empregos

Na xuntanza estivo presente Clodomiro Montero, de CIG-Banca, que alertou de que hai 6.000 empreos en perigo. Para Montero, NGB non é sistémica para o Estado español, pero si o é para Galiza, e avogou pola creación dun banco público galego."Inxéctase capital, non liquidez, capital para pagar as débedas á banca alemá, francesa, holandesa", explicou Clodomiro Montero.

Comentarios