Nun de cada catro concellos galegos non se creou ningunha empresa no que vai de ano

En 80 municipios non se constituiu entre xaneiro e agosto ningunha sociedade mercantil, o que supón o 25% do total de concellos do país.

Os feches golpearon na industria e na construción, non tanto nos servizos.

En 80 dos 314 concellos galegos no que vai de ano non se constituíu nin unha soa empresa. O que significa que bno 25% dos municipios de Galiza, un de cada catro, de xaneiro a agosto non se creou ningunha sociedade comercial. Son concel,los maioritariamente do interior do país, pequenos, mais non sempre cumpren estes requisitos. Tamén hai municipios da área de pulo económico que atravesa o país, o Eixo Atlántico, nos que nestes meses non naceu ningunha empresa. De Laxe a Pobra de Trives, de Ourol a Avión.

Lembremos que durante a crise en Galiza desapareceron por volta de 11.000 empresas. En 2008 había máis de 210.000 compañías no noso país e en 2015 esa cifra era de 198.800. Ademais, por volta do 70% das empresas en Galiza non teñen ningún traballador asalariado. Un 19% teñen entre 1 e 2 traballadores. As que teñen máis de 20 persoas asalariadas non chegan ao 1,5%.

En só cinco anos, os que van desde 2010 a 2015, Galiza perdeu máis de 87.000 persoas ocupadas. Onde máis de notou foi entre as persoas asalariadas do sector privado. Tamén entre asasalariadas do sector público . Mais o golpe á ocupación non se limitou ás persoa asalariadas. Na categoría de 'empresarios con asalariados' pasamos de ter 71.300 en 2010 a 68.900 en 2015, o que significa que neses cinco anos perdeuse 2.400. Se analizamos o grupo de traballador independente ou empresario sen asalariados ao cargo' hai agora 14.300 menos que en 2010. Entón eran 154.200 e agora 139.900.

Comentarios