Sermos Galiza 219

A patronal galega, entre guerras polo poder e a ameaza de bancarrota

Dedicamos o tema de primeira do Sermos Galiza 219 á crise na Confederación de Empresarios de Galiza, pois a organización empresarial vive un novo vaivén coa demisión do seu presidente, tras só nove meses no cargo, e evidencia unha vez máis o cisma aberto no seo da organización, sumida en loitas intestinas, escándalos, débedas e despedimentos. Publicamos un extracto da ampla reportaxe.

2

A incapacidade da patronal galega por resolver os seu problemas de viabilidade financeira e de afrontar os gastos diarios, malia depender a súa economía en boa medida de fondos públicos, ameazan a continuidade da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG). A recente renuncia do seu presidente, Antonio Dieter Moure, deixa o control da organización en mans dos representantes provinciais, os mesmos que forzaron a súa saída anticipada do cargo. Unha guerra de poder que comezou desde a súa elección, por só dez votos de diferenza sobre o seu rival José Manuel Pérez Canal, que chegou a impugnar os resultados.

“Había certas tensións e desencontros que non contribuían ao bo entendemento”, recoñeceu Dieter Moure días despois nunha entrevista para RNE, onde comparou a situación do presidente da patronal coa dun “reo” controlado polos responsábeis das catro provincias, de quen dixo que primaban os seus intereses persoais fronte aos da confederación empresarial. No momento da demisión, alegou “motivos persoais” para xustificar o cesamento.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 219, xa á venda nos quiosques e na loxa]

Comentarios