As pensións galegas seguen entre as máis baixas, 141 euros menos ao mes que a media española

A pensión media galega é a segunda de menor cuantía do Estado.

vellos
photo_camera vellos

A pensión media en Galiza mantense como a segunda máis baixa de todo o Estado español embora aumentar en maio un 1,9%. Estamos a falar dunha perpeción de 761 euros de media fronte aos 902 que, de media, é unha pensión española. Son as galegas, pois, un 15,6% inferiores (141 euros menos cada mes). Desde maio do ano pasado até agora o número de persoas en Galiza que perceben pensións aumentou lixeiramente e xa son 763.000, o 8% de todo o Estado.

Dentro de Galiza hai fendas importantes por provinciais. Así, mentres nas da Coruña e Pontevedra as pensións medidas andan nos 800 euros, nas de Ourense e Lugo non chegan aos 700 euros mensuais.

A pensión media de xubilación española é de 1.041 euros mensuais, 177 euros máis que a galega, que é de 864. Unha fenda do 17%. A de viuvedade é, en Galiza, de 570 euros mentres que por incapacidade permanente está nos 825 euros e a de orfandade, 368.  

Comentarios