Outra empresa galega que presenta un expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo. Trátase de Pórtico, en concurso e acredores e cunha débea superior os 45 millóns de euros. Segundo medios como Galicia Confidencial ou La Voz, ese expediente afectará o 60% do cadro de persoal, o que supón a 217 traballadores en Galiza.
En oficinas despedirase a 34 empregad@s, en almacéns a 133 e en tendas serán 50 @s empregados que irán para a rúa. Esa é a folla de ruta dun ERE que terá que recibir o visto bo de administradores concursais e xustiza.