Os propietarios de terras eólicas perceben menos do 1,5% da facturación dos parques

O marco regulador favoreceu as grandes empresas e coutou parques eólicos comunitarios, segundo sostén unha tese de doutoramento da Universidade de Vigo.

Alto de Vilares_Ribeira de Piquín_Eólico

A lexislación do eólico favoreceu a grandes empresas fronte aos proxectos de axentes locais. Esa é unha das conclusións da tese de doutoramento de Damián Copena, Universidade de Vigo, na que analizou o impacto socioeconómico dos parques eólicos no rural galego. Un traballo do que dá conta Campo Galego, dirixido polo profesor Xavier Simón e no que se recolle como o marco regulatorio coutou os parques eólicos comunitarios, “unha figura relevante noutras partes do mundo”, para alén de dificultar a participación dos axengtes locais “na planificación e no negocio da venda da electricidade”.

Porén, esa mesma lexislación concedeu importantes dereitos a empresas promotoras, mesmo coa posibilidade de “expropiación dos terreos necesarios para o desenvolvemento dos parques”. Analízase, neste estudo, elaborado no marco do grupo de investigación Economía ecolóxica e agroecoloxía, os rendementos económicos obtidos polos propietarios de terras eólicas. Os ingresos varían, dependendo de factores como o alugueiro, a compra-venda ou a expropiación.

Media

Como indica a tese recollida por Campo Galego, o ingreso medio sitúase nos 3.000 euros por megawatio, end atos correspondentes 2011. As rendas eólicas para os propietarios a respeito da facturación total dos parques eólicos non chegou ao 1,5%, ficando no 1,46 por cento. Estamos a falar no conxunto de Galiza de menos de 10 millóns de euros nun megocio que move miles de millóns.

O non poder desenvolver parques comunitarios, mantense na tese, foi unha eiva para poder pular e desenvolver proxectos e medidas de denominación do rural da man deste tipo de enerxía. 

Comentarios