ATÉ VOCES DO ESTABLISHMENT COMEZAN A PEDIR AUMENTO DOS SOLDOS

A saída da crise atópase nos salarios

Após 10 trimestres de devaluacións salariais o propio establishment comeza admitir que se fai necesaria unha suba de soldos para tirar de consumo. Unha emenda á totalidade do discurso mantido polo poder sobre como afrontar a crise.

MIÑAAAA

"Unha recuperación saudábel e sostida da economía seguirá a ser imposíbel mentres os salarios sigan conxelados". A frase non provén de organizacións sindicais ou formacións do abano político das esquerdas, senón dun editorial recente de The Economist. Máis un indicio, significativo polo peso e tendencia do xornal, de que algo comeza a se remexer mesmo no seo do establishmet a respeito da doutrina mantida agora a respeito da crise.

Un cambio de discurso que se fixo evidente no verán, cando a OCDE, pediu a fin dos recortes salariais no Estado español. Até o de agora a Organización para a Cooperación e Desenvolvemento Económico seguira a doutrina da austeridade e recortes. Mais "seguir nesa liña pode ser contraproducente porque o descenso en salarios diminúe a demanda interna" (Ángel Gurría, secretario xeral). A Organización Internacional do Traballo (OIT, con representantes d@s traballador@s, do empresariado e gobernos) afondou nesa liña: "Non hai excusas para novas reducións de salarios".

"Constatación dun fracaso"

No fondo o que hai é a "constatación dun fracaso", como afirma José María Domínguez, catedrático de Facenda Pública en referenza ás políticas aplicadas para combater a crise. "De 2009 a 2013 os salarios caeron nun 10%. Iso levou a que se comprimise o gasto de consumo e prexudicou a demanda agregada". 

Toda a información sobre este tema ao completo neste Sermos Galiza nº118, cunha reportaxe de X.M. Pinheiro e un artigo de Adrián Dios

Comentarios