Tratado de libre comercio UE-EUA: un paso adiante na globalización neoliberal

Dupla
photo_camera Páxina 10 do número 120 de Sermos Galiza

En febreiro de 2013, Obama e Durão Barroso anuncian oficialmente as negociacións para aprobar o Tratado de Libre Comercio e Investimento entre Estados Unidos e Unión Europea (TTIP). Un acordo cuxa orixe remóntase á Declaración Transatlántica asinada en 1990 por George Bush pai e Giulio Andreotti como presidente do Consello Europeu. 

O TTIP non é só un macro-acordo comercial entre EUA e UE. "É o proxecto de libre comercio máis ambicioso e de máis envergadura do mundo", como afirma o xornalista e activista Victor Yustres. "Responde á estratexia de Bruxelas e Whashington por manter a lideranza global fronte ao medre dos países emerxentes (BRICS)". Unha estratexia que se concretiza nun acordo que vai ter efectos moi directos sobre o día a día das persoas.

O TTIP negóciase en segredo e leva anos cociñándose como o proxecto de libre comercio máis ambicioso do mundo

Elites políticas e económicas defenden o TTIP como unha oportunidade de medre económico e creación de postos de traballo. Visión moi distinta ten a ampla rede de opositores a este tratado, desde sindicatos e organizacións de esquerdas até ambientalistas, defensores de dereitos humanos, xuristas, colectivos sociais... "Vai traer unha privatización salvaxe dos servizos públicos, un desregulamento de moitos sectores económicos fulcrais, unha perda de dereitos laborais, recortes en protección ambiental...", sinalan. 

Este é o Tema da Semana no número 121 de Sermos Galiza, aquí na nosa loxa, cunha reportaxe a dupla páxina e un artigo de Adrián Dios.

Comentarios