#Sermos232

Ese valor do monte que non ten prezo

A importancia do monte galego vai alén do simple aspecto produtivo-económico. É o concepto de valor “social” ao que o Estado vén de poñer unha cifra. Falamos disto no Sermos Galiza 232, á venda nos quiosques e na loxa. Eis un extracto da reportaxe.

O valor social do monte galego supera os 1.131 millóns de euros. É a cuantificación que persoas expertas fan no Inventario Forestal do Ministerio de Agricultura e Pesca a respeito dos aspectos máis dificilmente cuantificábeis – até o de agora- do noso monte. Mais tamén os máis importantes. Cuestións como a captura de dióxido de carbono – fundamental para reducir as emisións de CO2 e paliar o efecto invernadoiroo control da erosión ou a provisión de auga. Falamos, que fique claro, do valor social do monte, non do valor venal, é dicir, aquel importe monetario que se tería pola venda de bens materiais. Unha cifra esta tamén grande no caso do monte galego.

5Por exemplo, só en fixación de carbono o monte galego representa 500 millóns de euros, o que supón uns 260 euros por hectárea. O valor da madeira producida é de 105 euros por Ha. Que podemos concluír? Pois, como indica a Organización de Comunidades de Montes, que “a madeira galega vale máis en pé que cortada”. Socialmente, e con estas contas na man, non hai dúbida.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 232, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios