Xallas descólgase da iniciativa para sentar as bases dun grupo lácteo galego

Os socios das outras tres cooperativas (Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños) deron un abrumador apoio ao proxecto.

Feiraco Os Irmandiños
Xallas
Melisanto
Imaxe: La alacena roja
photo_camera Feiraco Os Irmandiños Xallas Melisanto Imaxe: La alacena roja

Os socios de Xallas dixeron finalmente non á proposta de sumar forzas con outras tres cooperativas (Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto) para sentar as bases dun proxecto que tiña como un dos horizontes o grupo lácteo galego. O rexeite ao proxecto en xallas non dá marxe de dúbida: un 85% en contra, segundo Europa Press.

Un resultado que contrasta co rexistrado nas outras tres cooperativas, cuxos socios apoiaron moi ampliamente a iniciativa. O proxecto, pois, continúa adiante con Feiraco, Os Irmadiños e Melisanto (97,6%, 97% e 96% de apoios). A comezos deste mes, a aposta fora validada polos consellos directivos das cooperativas, mais a decisión estaba pendente de ser confirmada polas asembleas de socios.

A nova sociedade contemplará desde a recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados ata a fabricación de pensos e a prestación de servizos de asistencia á reprodución do gando e alimentación, veterinarios e xestión económica e administrativa. 

Comentarios