Xubilados e pensionistas rexeitan nas rúas de Galiza a privatización do sistema de pensións

Alertan do ataque contra o sistema público de pensións e demandan que a cuantía destas prestaciónse sexa xusta.

Concentración do colectivo de xubiladas e pensionistas da CIG (arquivo).
photo_camera Imaxe da concentración en Vigo.

O Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG isaiu esta quinta feira ás rúas das cidades galegas para rexeitar a privatización do sistema público de pensións e defender un maior poder adquisitivo das mesmas, asím como que as pensións mínimas sexan iguais ao SMI.

Alertaron que nos últimos meses se están a escoitar todo tipo de informacións interesadas en poñer en cuestión a viabilidade futura do sistema público de pensións, a capacidade para pagar aos e ás pensionistas actuais nos próximos anos, ou mesmo sobre a posibilidade de manter as pagas extraordinarias. “Son as mesmas mentiras de sempre”, afirman, que teñen como obxectivo xustificar o desmantelamento do sistema público e universal das pensións para favorecer os plans privados "dos que se enriquece as grandes empresas e bancos que as xestionan".

O Colectivo de Xubilados e Pensionistas denuncia que nos últimos 6 anos houbo varios exercicios nos que non se revisou o importe nominal das pensións ou fíxose por baixo da inflación, chegando a incumprir a lei para a súa actualización pola desviación do IPC até que no ano 2013 se procedeu a anulación desta lei. Esta última reforma das pensións executada polo PP elimina a referencia do IPC para o incremento das pensións e promove un duro recorte que pode reducir até nun 20% as pensións futuras, "sobre as mentiras do aumento da esperanza de vida". Ademais, en Galiza a pensión media está máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español.

Comentarios