O BBVA, Francisco González e Villarejo poderían ser xulgados

O Xulgado iniciou a investigación en 2018 e agora propón xulgar varios dos protagonistas que tiveron relación co ex comisario.
Francisco González (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
photo_camera Francisco González (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

O xuíz da Audiencia Nacional, Manuel García Castelló, propuxo onte xulgar ao comisario xubilado José Manuel Villarejo, ao expresidente do BBVA, o chantadino Francisco González, á entidade e a varios ex cargos da entidade.

Os cargos que se lles imputan terían relación con presuntos encargos ilegais que realizaría o policía para o banco cando estaba en activo.

Nun auto, o titular do Xulgado Central de Instrución Número 6 conclúe a investigación que comezou en 2018 e asevera que "a instrución practicada até o momento na presente peza separada puxo de manifesto que se cumpren os presupostos para ditar auto de continuación polos trámites do procedemento abreviado fronte ao BBVA a efectos de que sexa sometida a xuízo oral como persoa xurídica penalmente responsábel".

Comentarios