CIG rexeita a “excepcionalidade xurídica” imposta aos independentistas presos

A Executiva confederal do sindicato mostra a súa “preocupación” polo xuízo na Audiencia Nacional, temendo que se realice sen as “mínimas garantías” e implique “un xuízo político ao independentismo galego e a todo o seu entorno”

A Executiva confederal da CIG denuncia, a través dun comunicado, a “excepcionalidade xurídica a que están sendo sometidos catro cidadáns galegos” que van ser xulgados na Audiencia Nacional o 24 e 25 deste mes.

A central nacionalista lembra que levan presos máis de ano e medio “e dispersados a centos de quilómetrosdos seus fogares”, o que constitúe un “incumprimento grave da lexislación e dos convenios internacionais asinados polo propio Estado Español”

Espiral criminalizadora

A executiva confederal, aliás, mostrou a súa preocupación por un xuízo que pode supoñer “abrir a porta” a “criminalización” do independentismo, as detencións arbitrarias e a ilegalización de organizacións.

Nesta liña, a CIG critica as “elevadísimas” penas solicitadas para estas catro persoas (suman un total de 64 anos) que, nalgún caso, son equivalentes ás que se piden para os casos de asasinato con ensañamento.


 

Comentarios