ECONOMÍA

Feijóo defende os recortes ''para facer un Estado do benestar viable''

O presidente da Xunta entende que as comunidades contan con ferramentas e competencias suficientes para paliar a débeda, e que deben optar por ''diminuír o gasto corrente e pedir axuda á cidadanía''

O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, defende as reformas emprendidas polo Goberno español, ao entender que o Estado está "nunha situación de emerxencia económica" e que os recortes anunciados por Mariano Rajoy son os axeitados "para facer un Estado do benestar viable".

Nunha entrevista concedida a unha axencia de noticias, o conservador dixo que seica cómpre abrirlles a porta "ás políticas de crecemento" e defendeu as políticas de Madrid "para abandonar o Estado do benestar a préstamo e adelgazalo".

Sobre as competencias dos gobernos autonómicos, Feijóo admitiu que non conta con "ningún dato" sobre aquelas susceptíbeis de ser intervidas, aínda que recoñeceu que existe preocupación "nalgunhas". En Galiza, onde a modo de exemplo o último Real Decreto-lei ditado en materia educatica invade competencias da Xunta, o titular do Executivo galego valorou que desde o Goberno central si que se lle están a dar ferramentas ás comunidades autónomas, e explicou que para cumplir o obxectivo "moi difícil" da débeda as autonomías deben "diminuir o gasto corrente e pedir axuda á cidadanía".

Comentarios