Galicola aposta polo Apalpador e vence ao Pai Natal da Coca Cola

Que a figura do Pai Natal xa é inseparábel da factoria Coca-Cola é algo innegábel. Agora a Galicola contraataca e pola rede rula un anuncio no que apoia ao Apalpador para facer trunfar ao carboeiro do Courel fronte ao vello de barba branca e vestimenta vermella e branca. 

Galicola
photo_camera Galicola

Coca Cola é a responsábel da imaxe que ate este século XXI chegou do Pai Natal, o vello de pantalón e casaca vermella e branca que comparte cores coa bebida refrescante de cola. Igual que o refresco se extendeu case por todo o  mundo sendo símbolo da cultura americana, o Pai Natal prendeu case por toda parte, desbancando tradicións e costumes alá por onde chegaba.

A Galicola é o refresco de Cola feito na Galiza, xoga este ano por facer brincadeira nun spot publicitario e botar do noso universo ao Pai Natal con saco de bandeira americana apoiando ao Apalpador, o vello carboeiro que reparte presadas de castañas. O anuncio, de debuxos de animación, contrapón os dous modelos, tanto de produción de bebidas como das figuras que nestas datas reparten agasallos, a nosa tradición que busca ser recuperada fronte a unha figura comercial imposta desde o imperio americano.

Comentarios