O máis de medio millón de usuari@s únic@s do Sermos viron 5,7 millóns de páxinas en 2013

O ano que vén de rematar carrexou para este xornal un incremento do 30% da súa audiencia na rede. Os e as nosas leitoras veñen para quedar, como demostra o promedio de 13 minutos que demoran ollando as informacións que ofrecemos.

vaca
photo_camera [Deseño de Xosé Lois]


O xornal Sermos Galiza, que encetou a súa andaina na rede o 26 de abril de 2012, incrementou a súa audiencia nun 30% na edición dixital durante o ano 2013, colocándose por riba do medio millón de usuarios e usuarias únicas.

Segundo os dados tirados de Google Analytics, quen se informa a través deste medio vén para quedar. Polo menos é iso o que se traduce do promedio de 13 minutos que cada persoa pasa ollando as novas que publicamos e que sumaron 1,6 millóns de visitas en total. En páxinas vistas a cifra colócase en 5.736.175 sumando os doce meses do ano que vén de encerrar. 

Maio foi para o Sermos a mellor trintena de todas, pois conquerimos até 72.862 usuari@s únic@s que nos agasallaron con 174.851 visitas e un total de 571.755 páxinas vistas. Aliás, tamén en 2013 demos un paso de xigante nas redes sociais ao duplicarmos o número de persoas que nos seguen no Twitter até as 8.826 actuais, así como as amizades no Facebook, onde encetamos o ano canda as 8.551 persoas que premeron no 'Gosto' da nosa páxina.

Obrigad@s! E non marchen: seguiremos a lles ofrecer unha información comprometida co País e coa nosa lingua até completarmos xunt@s, polo menos, máis unha volta ao Sol! 

Comentarios