O presidente da Generalitat asegurou nunha entrevista concedida a Catalunya Ràdio que o resultado nun referendo pola independencia "se se fixera agora" sería o si "aínda que non moi folgado".
Artur Mas falou tamén do texto da pregunta dese referendo e comentou que "ten que ser clara" e deixou aberta a porta a que sexan varias "como propuxeron os escoceses". Sobre a data de celebración, confirmou que sería en 2014 "sen amarrarnos de mans e pés a unha data".
"Se non facemos o noso camiño, o noso futuro é disolvernos"
Noutro momento da entrevista, o presidente referiuse á imposibilidade de dar volta atrás no proceso soberanista "chegamos á conclusión de que se non facemos o noso camiño o noso futuro é disolvernos".
A preguntas do xornalista, Artur Mas denunciou a "estratexia de asfixia fiannceira" que lles aplica o Estado español e asegurou que o goberno de Madrid pon "contra as cordas" aos gobernos autonómicos. Tamén falou da posíbel unidade para aprobar a declaración de soberanía e chamou ao PSC "para que se sume ao consenso e non estea co PP e Ciutadans".
Imaxe: Gobern Generalitat