Novas concentracións esta sexta contra os recortes

CIG, CCOO e UGT volven mobilizarse coincindo co consello de ministros en sete cidades e vilas galegas

Máis unha sexta, consello de ministros, cunha orde do día con novos recortes e retalladas. E máis unha sexta, CIG, CCOO e UGT convocan concentracións en diferentes puntos do país para mostrar o rexeite da cidadanía aos paquetes aprobados polo goberno de Rajoy.

Os actos de protesta continuarán tamén a próxima semana. Así, o vindeiro venres, 7 de setembro, en diferentes localidades galegas haberá concentracións en defensa da negociación colectiva. Terán lugar fronte ás sedes das principais patronais.

Concentracións:

A Coruña 12 h Delegación do Goberno

Ferrol 12:30 h Edificio da Xunta

Santiago de Compostela 12 h Praza de Galiza

Lugo 12 h Subdelegación do Goberno

Ourense 11 h Subdelegación do Goberno

Vigo 11 h Edificio da Xunta

Ribadeo 11 h Antigo edificio de Aduanas


Comentarios