A reclamación de carga de traballo e unha solución para o sector levou a que delegados sindicais da CIG cortaran o tráfico no centro de Vigo, despois de teren celebrado unha asemblea na que se analizou o inicio da negociación dun novo convenio do sector do sector . Arredor de 150 delegad@s do sector demandaron na rúa carga de traballo e unha solución para a retroactividade das axudas e da falta de financiamento.
Despois do corte na Travesía de Vigo cruce con Jenaro de la Fuente, a mobilización continuou en manifestación até Urzaiz, para regresar logo ao punto de partida que foi a sede da central nacionalista na cidade.
En canto á negociación do convenio do sector despois da constitución da mesa, a central nacionalista anuncia que centrará a súa atención en “botar abaixo a distribución irregular da xornada acordada entre os sindicatos españois e a patronal no anterior convenio porque entendemos que non axuda a crear emprego e si a empeorar as condicións laborais dos traballadores/as”.
Durante a asemblea tamén visionaron un traballo audiovisual no que se analizan en detalle os efectos da crise económica e a súa incidencia na perda de dereitos sociais e laborais.
Como cada xoves, o sector continuará hoxe protestando en defensa do seu futuro diante da delegación da Xunta.