Os orzamentos de Madrid analizados polo miúdo no Sermos Galiza nº 18

Cales foron as mentiras de Feijóo sobre os contratos de Pemex? Porque o seu cartel electoral non leva siglas? Condicionan os xulgados as campañas electorais? Cales son as claves do conflito armado entre as FARC-EP e o goberno de Colombia? Estas preguntas teñen resposta nas 32 páxinas do semanario Sermos Galiza que atoparás a partir do 5 de outubro en quiosques e librarías.
Portada semanario 18

Máis unha sexta feira, o galego volve aos quiosques e libraría nas páxinas do semanario Sermos Galiza. De seguido e en pequenas pílulas, debullámosche todos os contidos:

  • analizamos os "recortes" de Madrid en Galiza nuns orzamentos xerais do Estado que insisten no saqueo ao país.
  • na crónica política falamos das razóns polas que o PP presentou un cartel electoral cun lema neutro e sen siglas.
  • entrevistamos a Bieito Lobeira que cerra a lista do BNG por Pontevedra despois de 16 anos de traballo parlamentario.
  • en Política contamos os condicionamentos de realizar xuizos en época electoral.
  • as mentiras, ou verdades a medias, dos contratos de Pemex protagonizan as páxinas de Economía.
  • unha reportaxe sobre a vendima no Rosal achéganos o traballo da Asociación Galega de Viticultores na sección de Comarcas.
  • no social tratamos as leis aprobadas pola Xunta do PP e que poden ser "un atentado contra os dereitos das mulleres".
  • en Internacional ocupámonos da Colombia que avanza cara á paz.
  • lembramos na sección de Memoria a folga de setembro de 1972.
  • no apartado de Cultura a crítica de libros, música, cinema, Cindy Sherman, unha viaxe por Pontevedra, o deseño de La Canalla e a experiencia de Okapi e "O neno can"
  • na contra entrevistamos a unha sindicalista: Rosa Domínguez.

Comentarios