O nº16 vén quentiño!

A navallada do PP á nosa cultura e á nosa identidade, os comicios galegos e vascos a un mes da cita coas urnas ou a verdade verdadeira sobre a austeridade que practicou Feijóo. Focamos o debate sobre a incineración no modelo de xestión de residuos que se quixo impor desde o Goberno e pomos riba da mesa as chaves para entender o xuízo do Prestige. Todo no teu punto de venda habitual.

Que vas atopar neste novo número do noso semanario? Todo isto que che contamos de seguido! 

  • analizamos polo miúdo como desde a Xunta de Feijóo quixeron derrubar a nosa cultura para negarnos como nación
  • Carlos Callón analiza nunha entrevista o que significou para o galego esta lexislatura do goberno popular de Núñez Feijóo
  • abordamos as eleccións galegas, a un mes da cita coas urnas, e as vascas
  • palabras de futuro ou fala barat@s? Debullamos as primeiras informacións sobre os programas electorais 
  • mais... a crise non batía en todas as persoas? Pois non. Minguan os salarios mais medran os beneficios empresarias. Contámosche os porqués
  • con Feijóo a débeda da Galiza aumentou a un ritmo de 2 millóns e medio de euros ao día
  • mercar, tirar, queimar: falámosche do empeño da Xunta en manter un modelo de xestión de residuos obsoleto: a incineración 
  • entrevistamos o ensaísta e político Camilo Nogueira co gallo de dous novos libros: Para unha crítica do españolismo e A rota do sol
  • ás portas do xuizo do Prestige, pomos riba da mesa todos as chaves para poder seguilo
  • falámosche tamén doutras formas de consumir
  • en Deportes falamos con Chano Rodríguez, paralímpico galego que gañou 3 medallas en Londres
  • en Internacional analizamos as consecuencias da crise en Grecia, Portugal, Irlanda e Francia
  • recordamos a Galán Calvete, secretario xeral das Mocidades Galeguistas na Coruña, paseado no 36
  • coma sempre, haberá críticas literarias, musicais e de cine!
  • artigo de Carme Vidal sobre a biografía que Roi Vidal fai de seu pai, Roberto Vidal Bolaño. Vidal x 3 na sección de Cultura
  • en Andar a Terra, o colectivo Xea segue a pasearnos polos Ancares, A Montaña da Galiza. Percórrea con nós
  • artigo de Lusofonía de Carlos Quiroga. A nosa xanela sempre aberta alén do Miño
  • Lola Dopico descúbrenos en Deseño e Moda as creacións de Ana Piñeiro
  • e, como non, Okapi. A nosa amiga baixou do Courel para coñecer os 25 anos de Titiricircus

Comentarios