A esquerda leva dianteira na renovación da Asemblea Nacional francesa

A primeira volta das lexislativas deixa uns resultados favorábeis para as candidaturas de esquerdas

Moza simpatizante da Fronte de Esquerdas
photo_camera Moza simpatizante da Fronte de Esquerdas

Uns 46 millóns de franceses e francesas poden exercer o seu dereito a voto para renovar a Asemblea Nacional, unha cita na que as sondaxes e inquéritos prognosticaban unha vitória da esquerda. A segunda volta será a realizar o 17 de xuño. Francia renova os 577 deputados e deputadas da AN, estando a maioría absoluta en 285.

As primeiras consultas a pé de urna apontan a que a coalición de dereitas obtería un 35% dos votos, mentres que o Partido Socialista rondaría tamén esa cifra e Marine Le Pen e a súa Agrupación Bleu Marine (continuidade do Frente Nacional do seu pai) atinxirían o 14% dos sufraxios cun discurso de extrema dereita. A Fronte de Esquerdas (na que se integra o Partido Comunista) acadaría entre o 7 e o 10% dos apoios e Os Verdes bailarían en torno ao 5% dos sufraxios.

As estimacións en torno ao  reconto das primeiras papeletas apontaron, non obstante, a mellores resultados para a esquerda, que podería atinxir en conxunto entre 305 e 353 escanos, mentres que a dereita acadaría entre 227 e 266.

A participación rozou o 60%, a máis baixa dunha primeira volta das lexislativas.

Comentarios