Gardas Civís poñen rumo a Catalunya baixo cánticos de "a por eles" ou "eu son español, español"

Enviados como se fosen destacamentos de guerra. Na súa saída rumo a Catalunya, Gardas Civís foron despedido por familiares e amizades con cánticos entre o chovinismo e o racismo.

 

Screen Shot 2017-09-26 at 09.55.54 1
photo_camera Saída de efectivos da Garda Civil da Comandancia de Huelva, acarón dunha praza de touros.

O envío de novos destacamentos militares a Catalunya (a Garda Civil é un instituto armado de carácter castrense) está a ser percibido pola sociedade catalá como unha ameaza que inevitabelmente evoca os sucesivos episodios históricos de ocupación do país por forzas armadas españolas (o último após os bombardeamentos sufridos por Barcelona durante a guerra civil).

"A por eles" e "eu son español, español" foron os cánticos cos que se despediron unidades da Garda Civil que partiron esta segunda feira de distintas cidades do Estado rumo a Catalunya. Os destacamentos do instituto armado vanse despregar co obxectivo de impedir a realización do referendo. Non se coñece ningunha manifestación de cargos do Ministerio de Interior de reprobación destas expresións de chovinismo anti-catalán.

 

Comentarios