Carga policial en AiguaViva (763 habitantes) con gases lacrimóxenos e 10 persoas feridas

A ferocidade represiva das forzas policiais españolas non coñeceu límites este 1-O. Así o testemuña as imaxes servidas polo twitter de Catalunya Radio: nesta pequena vila de apenas 763 habitantes houbo unha carga policial con gases lacrimóxenos e 10 persoas feridas.

Screen Shot 2017-10-01 at 18.06.33

A actuación dos corpos de seguranza estatais en Catalunya este 1-O está a provocar escándalo internacional e estáse a caracterizar pola súa desproporción, cun saldo polo de agora de 460 persoas feridas.

A represión non se está a dar só nas cidades -nomeadamente en Barcelona-, senón tamén na Catalunya interior. Así o mostra o vídeo de Catinfo Girona (a delegación de Catalunya Radio naquela provincia) en que se ve como no concello de Aiguaviva, un pequeno municipio de Xirona que vive basicamente da agricultura, a policía, alén de perpetrar unha carga indiscriminada contra a veciñanza, fai uso de gases lacrimóxenos.

 

Comentarios