Os estibadores de Barcelona e Tarragona non darán servizo aos "barcos da represión" contra o 1-O

Os traballadores decidiron en asemblea non fornecer os tres buques cruceiros nos que Interior va aloxar os centos de antidisturbios mobilizados con motivo do referendo catalán.

ferry cruceiro

“Os estibadores de Barcelona decidimos en asemblea non dar apoio aos barcos da presión”. Así explicou Sebastián Huguet, delegado sindical da Organización de estibadores portuarios, a decisión adoptada en asemblea polos traballadores e pola cal non fornecerán nin darán servizo algún aos cruceiros contratados por Interior para albergar os centos de antidisturbios que se van mobilizar polo 1-O.

Os estibadores de Tarragona actuarán igual que os de Barcelona. O presidente do comité, Juan Galera, explicou que “o noso sentimento é de defensa da democracia e a liberdade e, polo tanto, non prestaremos ningún servizo a ningún barco que nolo pida se vai cargado de policías”.

O goberno de Mariano Rajoy aposta en contratar buques de pasaxeiros para albergar neles o amplo dispositivo policial que quer despregar a raíz do referendo. A primeira opción de Interior é o 'Rhapsody', da navieira italiana Grandi Navi Veloci. O ferry, con capacidade para 2.500 pasaxeiros, arribou xa ao peirao de Lepanto de Barcelona. Tamén se está en negociacións coa firma Balearia.

Comentarios