A Garda Civil abandona Economia de madrugada protexida polos Mossos e após 20 horas de rexistros

Antidisturbios da policía catalá cargaron para afastar as centos de persoas que permanecían concentradas perante as portas deste departamento

Vilaweb Catalunya
photo_camera Fotografía de Vilaweb

A Garda Civil comezou a abandonar o Departament d'Economia da Generalitat sobre as catro da madrugada, en medio dun cordón policial realizado polos Mossos d'Esquadra, e após máis de 20 horas de rexistros. Axentes comprobaron con cans que non houbese explosivos nos vehículos que tiñan aparcados perante o edificio, catro dos cales tiñan diversos desperfectos e rodas pinchadas.

.

Os rexistros finalizaron sobre as nove da noite da cuarta feira mais os axentes da GC non puideron abandonar o edificio por mor das miles de persoas concentradas na rúa e que llo impedían. Sobre as catro da madrugada, porén, ficaban apenas 150 persoas, momento que foi elixido para que os gardas civís abandonasen o Departament. A primeira hora da mañá apenas había 20 concentrados e os axentes que ficaban no interior saíron do edificio sobre as 7 da mañá.

Sobre as dez da noite os Mossos intentaron facer un cordón policial para que saísen os axentes do Instituto Armado mais non foron quen pola oposición dos manifestantes. Máis tarde, voluntarios da ANC fixeron un corredor para permitir que traballadores do Departament saísen.

Xa de madrugada, antidistubios dos Mossos realizaron unha carga para dispersas concentrados e permitir que os axentes españois deixasen Economía. Houbo unha persoa ferida.

Comentarios