O conservador Edmundo González é recoñecido polos Estados Unidos como presidente venezolano

Maduro cuestiona a resolución do Centro Carter.
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela, a cuarta feira. (Foto: Jhonn Zerpa / Prensa Miraflores / d / DPA vía Europa Press)
photo_camera Nicolás Maduro, presidente de Venezuela, a cuarta feira. (Foto: Jhonn Zerpa / Prensa Miraflores / d / DPA vía Europa Press)

Despois de recoñecer Juan Guaidó en 2019 e presionar outros países para o que fixeran nunha tentativa de golpe de Estado contra o Executivo do progresista Nicolás Maduro, os Estados Unidos recoñeceron na madrugada da quinta feira o candidato conservador Edmundo González como novo presidente, nunha reunión da Organización dos Estados Americanos (OEA), por medio de Brian Nichols, responsábel da súa diplomacia no continente.

A proclamación, antes de publicarse os resultados disgregados das eleccións presidenciais do domingo, efectuouse despois de ser acusados por Maduro, reelixido presidente segundo os datos do Consello Nacional Electoral (CNE) co escrutinio ao 80%, como responsábeis dun intento de sublevación e dunha “criminal e sucia conspiración” para instalar a dereita no poder.

O mandatario detallou que máis de 1.200 persoas foron detidas no marco dos disturbios e criticou o Centro Carter, que considerara non democráticos os comicios, subliñando que acabou en mans do Goberno estadounidense.

Comentarios