Os anuncios que Madrid censura

O Govern non se enruga e publica un novo vídeo sobre o 1-O

O mesmo día en que a Garda Civil entraba en redaccións de meios que publicaron anuncios institucionais da consulta, o Govern puña en circulación o novo vídeo sobre o referendo. Nel a Generalitat anuncia que nos próximos días dará a coñecer a relación de colexios eleitorais. O anuncio divulgouno este serán a TV3

Apenas 20 segundos é a duración do segundo vídeo institucional da Generalitat sobre o referendo do 1-O, suspendido polo Tribunal Constitucional e cuxos preparativos están a ser obxecto dunha dura persecución por parte dos aparatos do Estado.

"Se queres decidir democraticamente o futuro de Catalunya, vota no referendo de autodeterminación do 1-O". Así comeza o vídeo institucional, para a seguir informar de que os colexios eleitorais estarán abertos desde as 9.00 até as 20 horas e de que para se identificar as e os eleitores o poden facer ou co documento de identidade ou co pasaporte ou co permiso de conducir. O anuncio conclúe cun detalle non menor: "Proximamente a Generalitat fará pública a relación dos colexios eleitorais", extremo que sen dúbida será acompañado con moita atención por parte dos corpos policiais.

 

Alén de publicarmos este vídeo, Sermos disponibiliza tamén o anterior, para a nosa comunidade de leitoras e leitores teren acceso directo aos anuncios que o Goberno do Estado quer censurar.

Comentarios