Catalunya

Salvador Illa e Pere Aragonès reuniranse na Generalitat para o traspaso institucional

A reunión ten como obxectivo "o traspaso institucional dos principais cartafoles abertos e retos de país".
Salvador Illa e Pere Aragonès. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)
photo_camera Salvador Illa e Pere Aragonès. (Foto: Kike Rincón / Europa Press)

O flamante president da Generalitat de Catalunya, Salvador Illa, e o president saínte, Pere Aragonès, reuniranse esta sexta feira ás 11 horas no Palau da Generalitat "para realizar o traspaso institucional dos principais cartafoles abertos e retos de país".

Así o anunciou o Govern catalán nun comunicado xusto despois da investidura de Illa como novo president no Parlament de Catalunya nunha sesión marcada polo regreso de Carles Puigdemont. A reunión realizarase a porta fechada, segundo explicaron as mesmas fontes.

[EN ACTUALIZACIÓN]

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios