Mil irlandeses teñen que marchar dos seus fogares por ameazas e ataques unionistas no Ulster

Grupos paramilitares anti-nacionalistas expúlsan@s de determinados barrios de Belfast, unha ‘limpeza’ denunciada desde o republicanismo como cambadela ao proceso de paz. 

unionistas

Primeiro avisan: ‘Irlandés, é mellor que lisques deste barrio’; can feniano, non queremos verte máis’. De non se atender as advertencias pasan a unha segunda fase: unha malleira ou ataque á vivenda que habita o ameazado e a súa familia. De persistir a vítima en permanecer na súa casa, a terceira fase: disparo a un membro non vital do corpo desa persoa ou dun familiar.

O procedemento levou en 2013 a un milleiro de familias irlandesas a abandonar os seus fogares e reubicarse noutras zonas de Belfast, nunha táctica de ‘limpeza étnica’ desenvolvida por grupos armados unionistas e lealistas, oficialmente en alto o fogo.

Activistas denuncian que a Policía quer encubrir a culpabilidade de paramilitares lealistas nesta situación e desviar a atención cara simples matóns

Mais as denuncias son constantes, como sinalan en medios norirlandeses e cita El Norte de Irlanda. No ano pasado houbo 411 casos de familias que informaron o Executivo de Vivenda de Irlanda do Norte que tiñan que cambiar de vivenda por ser expulsadas delas.

Mais activistas como Raymond MacCorn ou Jemma MacGrath din que esa cifra é moito maior, máis do duplo. Indican que non todos denuncian os verdadeiros motivos, pois son obxecto de ameazas se o fan. E indican que nos ‘Sped’, formularios a cubrir para ser realoxados, están obrigados a certificar a culpa das organizacións unionistas. “E se vas citar a UVF ou UDA (paramilitares unionistas), a propia Policía diche que non pode ser que están en alto o fogo así que poñas simplemente que marchas por culpa de matóns ou elementos criminais”. 

Comentarios