O PDdeCat estuda a hipótese de abandonar o Congreso

A macro-operación da Garda Civil contra consellarías do Govern "supón superar todos os límites que poderían facer posíbel chegar a un acordo sobre a cuestión catalá", declarou Carles Campuzano, portavoz do PDdeCat, a antiga Convergència. 

campu
photo_camera Carles Campuzano

O Partit Demócrata Europeu Català vai abandonar con carácter imediato todas as comisións parlamentares en que ten representación como medida de protesta perante a macro-operación da Garda Civil contra departamentos do Govern e empresas privadas que supostamente terían recibido encargas en relación ao 1-O.

O abandono pode ser temporal, mais o PDeCAT non desbota dar un paso máis e retirar os seus 8 parlamentares do Congreso dos Deputados con carácter permanente.

ERC tamén estuda medidas de protesta de similar fasquía. Neste mesmo momento estanse a realizar concentracións convocadas polos colectivos independentistas perante edificios institucionais para denunciar o que Oriol Junqueras ten cualificado como un "ataque ás liberdades e os dereitos civís dos cataláns".

O que si fixeron ERC e PDECat foi abandonar o pleno do congreso español en protesta pola operación policial contra a Generalitat. Os deputados de Unidos Podemos anunciaron que se concentrarán diante do Congreso español en protesto por este operativo e que posteriormente abandonarán a sesión. 

Comentarios