Queres acceder a toda a información sobre o referendo? Pois vai a MarianoRajoy.cat

Clausurada a web oficial do referendo en plena ofensiva autoritaria do Estado, están a aparecer por toda a parte réplicas da páxina. A que se está a viralizar nas últimas horas é un tributo do irónico pobo catalán ao chefe do goberno español.

Screen Shot 2017-09-21 at 12.22.17
photo_camera MarianoRajoy.cat

MarianoRajoy.Cat oferece toda a información precisa para participar nun referendo suspendido cautelarmente polo TC e que o Estado español quer inviabilizar como se xa se existise unha sentenza de ilegalización da consulta, prohibición que aínda formalmente non se ten producido pois o asunto -o recurso da Moncloa contra a Lei de Referendo- aínda non foi xulgado.

No web que leva o nome do presidente do goberno español aparece toda a información que orixinariamente disponibilizaba a páxina oficial do referendo, clausurada en función das medidas cautelares solicitadas pola Fiscalía e ditadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya.

Na páxina aparece o vídeo institucional do referendo -tamén obxecto da suspensión cautelar- e aínda unha relación das normas legais -todas elas emanadas do Parlament- en función das cais se convoca a consulta.

Comentarios