A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha concentración a próxima cuarta feira, 14 de marzo, en Lugo polo dereito á atención en galego. Un acto que decorrerá diante da Delegación da Xunta na cidade, onde dúas funcionarias se negaron a atender en galego a una usuaria.
A Mesa fai un chamamento “para defender socialmente a nosa lingua e os dereitos lingüísticos que temos como galegofalantes e como resposta ao caso de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido a semana pasada na que unha cidadá non recibiu a atención en galego, despois de solicitalo, no edificio administrativo da Xunta en Lugo”.
A entidade lembra que xa enviou queixas ás diferentes institucións para denunciar este caso de discriminación lingüística .