Palabras con memoria: tamañas palabras

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
A unha persoa moi delgada díselle 'esganeada'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera A unha persoa moi delgada díselle 'esganeada'. (Foto: Nós Diario)

cachimán.- (Ademais de significados xa rexistrados) Algo ou alguén extremadamente grande.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

enquinquiriñada/o.- Persoa que está encollida.
Exemplo.- “Que fas aí tan enquinquiriñada!” (Falando con alguén nunha postura dobrada sobre si mesma). “Estou toda enquinquiriñada!” (Persoa que se sente encollida pola idade).
Lugar de escoita.- Vigo.
Fonte.- Begoña Caldas Rodríguez.

esganeada/o.- Persoa moi delgada.
Exemplo.- “Esta muller está esganeada.”
Lugar de escoita.- Sabucedo (A Estrada).
Fonte.- Manuel Cabada Castro.

ghuniso.- Pequeno, cativo, esmirriado.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

xerghón.- (Ademais do significado habitual) Mariñeiro cativo.
Lugar de escoita.- Muxía.
Fonte.- Proxecto Buserana de Muxía.

Comentarios