Palabras con memoria: a lingua alimenta...

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Díselle pazaballeira á persoa que come moito, comellona. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Díselle pazaballeira á persoa que come moito, comellona. (Foto: Nós Diario)

lorfas.- Comellón, larpeiro.
Lugar de escoita.- Couce da Nova - Val do Xestoso - Monfero (A Coruña).
Fonte.- Andrés Lombardía Crespo.

panucha.- Pan.
Exemplo.- “Vai coller a panucha á panadería.”
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Suzy Henríquez Fraga/CPI O Cruce de Cerceda.

parriego.- Viño frouxo, de pouca graduación e mala calidade, feito con uvas de parra.
Lugar de escoita.- Sober (Lugo).
Fonte.- Ramón Sandoval.

pazaballeira/o.- Persoa que come moito, comellona.
Exemplo.- “Sempre andas a comer, pazaballeiro!”
Lugar de escoita.- Constante (Lugo).
Fonte.- Elisa Teijeiro Seoane (avoa de Alexander Martínez García).
Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

vacasmonas.- Chamábase así o bolo de cornos pola semellanza destes cos das vacas.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Óscar Pereiro Fuentes/CPI O Cruce de Cerceda.

Comentarios